Socios

Descripción xeral do partenariado:
ECA-IT é deseñado por un partenariado con experiencia e traxectoria na xestión de proxectos coa cofinanciación comunitaria e con competencias para promover a innovación empresarial.
O conxunto de entidades que participan como socios teñen a vontade de exercer unha xestión eficiente e de calidade, ademáis de facilitar a transferencia das boas prácticas detectadas, a outras áreas ou territorios.
Máis en detalle, este partenariado está liderado pola Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tectnolóxico de Galicia, que actúa como xefe de fila, según o acordo da totalidade das entidades sociais.
BIC Minho actúa como socio número 1 do Proxecto. Esta entidade portuguesa ten como obxectivo a promoción e o apoio á innovación empresarial.
Como socio número 2, está a Dirección Xeral de I + D + i, que pertence á Consellaría de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
O socio número 3 é TURGALICIA, que participa no Proxecto aportando tanto súa experiencia en xestión de proxectos europeos como súa capacidade e coñecementos para a mellora dos indicadores de innovación no sector turístico.
O Instituto Politécnico de Viana do Castelo é o socio número 4, quen colaborará co conxunto do partenariado para a execución das actividades programadas neste Proxecto.
Por último, ECA-IT contará coa participación do Instituto Empresarial do Minho, como socio número 5.
Poderá acceder aos ligazóns directos e a máis información sobre os socios no pé de páxina.









