Xestión innovadora da loxística como vantaxe competitiva empresarial
O centro tecnolóxico Aimen organiza o 29 de Outubro unha xornada en Porriño sobre a Xestión Innovadora da Loxística como vantaxe competitiva empresarial, nesta Xornada a Plataforma Tecnolóxica Galega de Loxística (LOXISGA) vai a estar representada por D.Moisés Hermida Sanromán.
O obxectivo da xornada é afondar nos coñecementos necesarios para unha implantación, certificación e mantemento destas normativas; e doutra difundir ás empresas galegas un amplo abano de ferramentas para a innovación na cadea de suministro como fórmula de mellora, redución de custos e creación de valor para as empresas.
A xornada está dirixida a xerentes, directores e responsables de calidade, produción e loxística. A inscrición é gratuita.
Fonte: http://www.loxisga.org/apartado.asp?seccion=4&apartado=8&idRegistro=83









