Grupo de actividades 2
Grupo 2: CREAR UNA REDE DE INNOVA XESTORES E "COACHERS" TRANSFRONTEIRIZOS.
A segunda actividade consiste no desenvolvemento de diferentes iniciativas de formación nas empresas para proporcionar formación ó Innova-Xestor.
As tarefas diseñadas para acadar o obxectivo son:
-
Creación do Perfil Conxunto do Axente de Innovación. Así mesmo, contémplase a delimitación do alcance das actividades do innova-xestor dentro da empresa, mediante a elaboración dun “perfil profesional” e dun manual de funcións que axuden a procedimentar a labor dun novo posto coma este nas empresas. Por perfil profesional enténdese o conxunto de capacidades e competencias que identifican a formación dunha persoa para asumir, en excelentes condicións, as responsabilidades propias do desenvolvemento de funcións e tarefas dunha determinada profesión, que neste caso, sería a de xestor da innovación na empresa.
-
Creación dos contidos formativos para modalidade presencial e máis e-learning en dous idiomas.
-
Programa de formación presencial para a rede. Debido ó carácter innovador do Proxecto, tentarase primar a formación en formato e-learning, sendo ademais una opción máis eficiente para as empresas e o medio ambiente, xa que reduce os desprazamentos e a necesidade de materiais físicos.
-
Programa de Formación “blended-learning” para a rede.
-
Identificación e selección dos xestores externos.
-
Identificación e selección dos "coachers" en Galicia e Portugal. Enténdese por "coaching" o proceso interactivo e transparente mediante o cal o coacher e a persoa ou grupos implicados naquel proceso procuran o camiño máis eficaz para acadar obxectivos fixados, empeñando os seus propios recursos e habilidades.
-
Esta rede sectorial de coaching en materia de innovación consiste en que cada sector aproveite o seu potencial e desenvolva unha actividade máis eficiente e rentable a través das vantaxes que poidan ofrecer os avances en innovación que se produciran nese sector determinado.
-
Selección dun grupo de expertos (Innova-coachers) en materia de innovación con especialización sectorial. Configurarase un “pool” de tutores expertos que apoien e asesoren ó Innova-Xestor. A rede deberá permitir a movilidade dos coacher entre Galicia e o Norte de Portugal. As persoas que integren a rede de coaching en materia de innovación deberán distinguirse por ter un coñecemento profundo da problemática da innovación nas empresas dun sector determinado, e pola súa vontade para que ese coñecemento sexa transferido a outras empresas que están nunha fase anterior de innovación.
-
Seminario de Formación y Homoxeneización de procedementos de actuación de coacher galegos e portugueses
-
Creación dun Directorio de Recursos Humanos, que permita ás empresas a incorporación de persoal especialista na introdución da innovación na empresa.
Consulta do resto de actividades:
Ver as actividades do grupo 1: ARTICULAR UNHA REDE DE SECTORES TRANSFRONTEIRIZOS INNOVADORES.
Ver as actividades do grupo 3: IMPLEMENTAR UNHA ESTRUTURA CONXUNTA DE RECURSOS PARA A INNOVACIÓN.
Ver as actividades do grupo 4: IMPULSAR PROXECTOS PILOTO TRANFRONTEIRIZOS E DESENVOLVER FERRAMENTAS DE TRANSFERENCIA.











