Inicio ECA-IT
logistica.jpg

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia pon en marcha o proxecto ECA-IT

A Fundación, en colaboración con entidades galegas e portuguesas, pon en marcha o proxecto ECA-IT, cofinanciado con Fondos FEDER no marco do programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal 2001 - 2013.

DSC036232.JPG

O xoves 19 de febreiro do 2009, celebrouse a primeira reunión técnica do proxecto ECA-IT “Estruturas conxuntas de apoio á innovación transfronteiriza na Eurorexión”. Este proxecto está cofinanciado polo FEDER no marco do programa de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal 2007 - 2013, e conta cun orzamento total de 1.606.358,00 euros.

ECA-IT ten como obxectivo fomentar a innovación empresarial na área transfronteiriza de Galicia - Norte de Portugal a través da cooperación entre sectores dun ámbito empresarial relevante a ambos lados da fronteira. O proxecto traballará principalmente nos sectores loxístico, turístico e naval, tanto de empresas galegas como portuguesas, durante un período de dous anos.

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, promotor do proxecto, colaborará con TURGALICIA e a Dirección Xeral de I+D+I, da Consellería de Innovación e Industria, e coas entidades portuguesas BIC Minho, Instituto Politécnico de Viana do Castelo e o Instituto Empresarial do Minho.

Xosé Lois Villasante, xerente da Fundación, considera que este proxecto é sumamente importante para o aproveitamento das sinerxias de traballo na Eurorrexión Galiza – Norte de Portugal. Ademais, facilitaranse ferramentas para a mellora da competitividade empresarial, co que se agarda potenciar o incremento dos volumes de negocio das empresas galegas e portuguesas.