Ámbito de actuación

ECA-IT foi deseñado dende un prisma territorial de marcado carácter transfronteirizo, sendo o seu ámbito de actuación NUTS II:
Galicia - Portugal
A nivel NUTS III, a área de intervención do Proxecto abarca as seguintes zonas:
REXIÓNS FRONTEIRIZAS EN PORTUGAL:
- Cávado.
- Minho-Lima.
- Alto-Tras-os-Montes
PROVINCIAS EN GALICIA:
- A Coruña.
- Lugo.
- Ourense.
- Pontevedra.
Así pois, é notoria a vontade de cooperación transfronteiriza, para mellorar os indicadores de innovación na Eurorexión Galicia - Norte de Portugal, focalizando os esforzos en sectores empresariais susceptibles de aproveitar as sinerxias de ECA-IT de xeito eficiente.
A escolla dos sectores empresariais representativos nos dous lados da fronteira supuxo ter que decidir focalizar as tarefas de ECA-IT nos sectores Naval, Loxístico e Turístico, pois comparten problemáticas moi semellantes nas dúas zonas de actuación. A colaboración e cooperación en ditos sectores desde una perspectiva transfronteiriza, mellorará a eficiencia na implantación de medidas que impulsen a incorporación de procesos e modelos de innovación.
A creación dun perfil profesional de “Xestor da Innovación” único e recoñecido socialmente nos dous lados da fronteira, colaborará coa idea de movilidade transfronteiriza, pero ademais facilitará que se poidan aproveitar as sinerxias do traballo dos xestores da innovación e da súa tutorización a través das redes transfronteirizas.
A homoxeneización dos procedementos de actuación dos coachers galegos e portugueses incrementará do mesmo xeito o número de intercambios de coñcementos e persoal nos dous territorios.
Os Servizos de Vixilancia competitiva enmarcan a su área de actuación na Eurorrexión, favorecendo así o desenvolvemento e a competitividade das empresas transfronteirizas de Galicia e o Norte de Portugal.
O apoio a proxectos de innovación, terá como requisito que o partenariado do proxecto esté formado por empresas galegas e portuguesas para facilitar a transferencia dos resultados que cada proxecto produza na área Galicia - Norte de Portugal.











