Inicio ECA-IT
naval.jpg

As empresas do naval denuncian unha campaña de acoso por parte de traballadores do sector

A Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) denunciou onte a existencia dunha campaña de acoso por parte de traballadores do sector, tras os incidentes rexistrados esta semana nalgúns estaleiros da cidade. A patronal rexeitou «coa máxima rotundidade» as iniciativas de protesta. Aseguran que se están pondo en perigo «o futuro e a viabilidade das nosas empresas e, por tanto, de moitos postos de traballo».

Os incidentes aos que se refiren protagonizáronos desempregados da bolsa do naval, que levaron a cabo un peche nas instalacións de Barreiras e que denunciaron reiteradamente a contratación de estranxeiros como «man de obra barata», mentres non se cumprían os compromisos entre patronal e sindicatos.
Aclunaga entende que as protestas non están xustificadas «xa que o descenso que se está producindo na contratación de persoal a través das empresas da industria auxiliar é consecuencia da situación que vive o sector pola diminución da carga de traballo». Neste sentido, sinala o clúster que «é rotundamente falsa e malintencionada a acusación de que se está aplicando unha política de substitución de traballadores nacionais por estranxeiros».
Recoñecen que a incorporación de persoal foráneo ao naval creceu considerablemente nos últimos anos como consecuencia do fenómeno da inmigración, pero aseguran que as contratacións se levaron totalmente de acordo coa normativa laboral vixente. E aseguran que os sindicatos con re presentación nas firmas manteñen un exhaustivo control das mesmas.
As empresas do naval fan un chamamento á responsabilidade para que cesen as accións hostís contra elas e conclúan as «falsas acusacións» a firmas que crean miles de empregos e que, ao seu xuízo, esconden actitudes xenófobas.
«De persistir a actual situación, a difícil situación pola que atravesan os nosos estaleiros e por tanto da nosa industria auxiliar, pódese ver aínda máis agravada co consecuente risco de perda de competitividade e de emprego a curto, medio e larzo prazo», apuntan.

Data:09/02/2010                                          Fonte: www.lavozdegalicia.es

URL Origen: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2010/02/07/0003_8279711.htm