Correos convértese en operador loxístico do Xacobeo 2010
Correos participa tamén como patrocinador oficial das actividades realizadas con motivo da celebración do segundo Ano Santo Compostelán do milenio.
Un dos produtos para promocionar o evento son os cartóns xacobeos, con imaxes do Camiño, que se entregarán de forma gratuíta nas oficinas postais de Galicia e nas situadas que hai nas diferentes rutas (Camiño Francés, Camiño do Norte, Vía da Prata e as súas variantes), así como en albergues e puntos de confluencia de peregrinos.
Este ano, a empresa postal lanzará unha emisión filatélica conmemorativa do ano Xacobeo, algo que fai desde 1937, co que contribuíu a difundir a celebración dos distintos Anos Santos con millonarias tiradas de selos.
Data:01/02/2010 Orixe: abc.es
URL Orixe: http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=256820











