Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (I+D+i)
A Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación é parte da Consellería de Economía e Industria.
Correspóndenlle as tarefas de ordenación, planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias en materia de fomento da investigación que ten atribuídas a Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, a Dirección Xeral de I+D+i ten atribuídas a elaboración, xestión, coordinación e control do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica; así como a planificación, coordinación, execución e seguimento das competencias e funcións da consellería nas materias de innovación tecnolóxica dos sectores industriais, de infraestruturas da calidade e tecnolóxicas, de deseño industrial e de propiedade industrial.
Exerce ademais a presidencia do Consello de Administración da sociedade anónima Centro de Supercomputación de Galicia e coordina a xestión e utilización da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (Recetga), con capacidade para deseñar modificacións e ampliacións dela.









