Formación en turismo
PRESENTACIÓN
A Dirección xeral de Xuventude, a través do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos como entidade cofinanciadora e a Asociación Cultural Ingalicia como entidade coordinadora poñen en marcha 3 proxectos de mobilidade para mozos e mozas de Galiza denominados EVERGREEN, IWE e NEA, no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente 2007-2013.
FINALIDADE DA BOLSA
As bolsas pretenden contribuir á educación dos mozos e mozas traballadoras e tituladas recentes de Galiza nun contexto europeo, axudando á realización de prácticas en empresas doutros países mediante o financiamento de estadías de 12 (doce) semanas de duración. De igual xeito, preténdese favorecer o fortalecemento empresarial da rexión e a consolidación da rede de relacións con empresas europeas.
O PROXECTO EVERGREEN
O proxecto aborda directamente as necesidades formativas das persoas participantes ao mellorar as súas competencias profesionais co fin de mellorar as súas expectativas de emprego no sector do TURISMO. Aborda as necesidades relacionadas coa mobilidade europea, a aprendizaxe e capacitación profesional en empresas, a aprendizaxe de idiomas nun ámbito empresarial, a adquisición de autonomía persoal (viaxar, tomar decisións, defenderse ante a adversidade, relacionarse coas institucións, etc) e a mellora da capacidade de traballo con persoas de distintos ámbitos culturais.
Para máis información: http://www.xuventudevigo.org/enterate_ver.php?id=4574









