FORTALECE A INNOVACIÓN
Inscrición ata o 12 de novembro. Inscríbete xa!
O proxecto ECA-IT, Estruturas Conxuntas de Apoio a Innovación Transfronteiriza está a organizar un seminario dirixido a coaches e directivos ou técnicos en innovación coa finalidade de fomar aos mesmos en habilidades que redunden no mellor desenvolvemento do seu traballo.
Baixo o título "Fortalece a innovación", o seminario sobre coaching que celebrarase o próximo mércores 17 de novembro en Vigo, consistirá nunha xornada compreta onde diferentes profesionais de Galicia e Portugal especializados en coaching e profesionais de empresas formarán en habilidades a diferentes profesionais do mundo do coaching ou persoal especializado en innovación das empresas.
O programa ten como finalidade que as persoas poidan mellorar as súas competencias como xestores da innovación nas empresas. Neste sentido tratarase de reforzar técnicas e habilidades que permitan mellorar as capacidades e superar os obstáculos á posta en marcha de proxectos de I+D+i. Freos como a falta de creatividade, a resistencia ao cambio, a aversión ó risco, o recelo a colaborar ou o medo ao fracaso.
O seminario de coaching foi plantexado en formato outdoor e eminentemente práctico, de xeito que as persoas participantes poidan además de ampliar e reforzar os seus coñecementos por estes mesmos en práctica.
- Día: mércores 17 de novembro de 2010
- Lugar: Vigo. Pazo dos Escudos. Avenida da Atlántida, 106.
- Para inscribirse nesta actividade debe cumprimentar o seguinte formulario en liña
- Consultar o programa










