Inicio ECA-IT
direccion2.jpg

Galicia y Portugal analizan las estructuras de apoyo a la innovación bajo el proyecto ECA-IT

panel_1.JPG

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, que lidera o proxecto ECA-IT, reuniu o pasado 15 de setembro no Club Financiero de Vigo, a entidades de Galicia e do Norte de Portugal nunha mesa de debate para analizar e desenrolar as estruturas conxuntas de apoio á innovación transfronteiriza.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2009

A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, reuniu o pasado 15 de setembro en Vigo a distintos representantes do sectores naval, loxístico e turístico de Galicia e Portugal, cos seguintes obxectivos: validar as estruturas de innovación detectadas nun primeiro análise realizado; identificar a necesidade de crear novas estruturas de cooperación en materia de innovación nos tres sectores; propoñer novas liñas de actuación en algunha das estruturas existentes, de cara o fomento da cooperación en materia de innovación, e, finalmente, deseñar novos instrumentos que reforcen a relación sectorial.
O panel enmarcase dentro das actividades do proxecto de cooperación transfronteiriza ECA-IT que ten como obxectivo mellorar os procesos de innovación empresarial na área transfronteiriza de Galicia-Norte de Portugal nos tres sectores de actuación.

Colaboración e cooperación para a mellora competitiva das PEMES
O desenrolo de estruturas conxuntas de innovación mellorará a eficiencia na implantación de medidas que impulsen a incorporación de procesos e modelos de innovación nas pequenas e medianas empresas, o que consecuentemente mellorará as economías transfronteirizas do naval, a loxística e o turismo, tan dependentes do tecido empresarial.

ECA-IT, apoio á innovación transfronteiriza
El proxecto ECA-IT liderado pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, ten como socios galegos a Turgalicia, á Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria; e do lado portugués ó BIC Minho, ó Instituto Politécnico de Viana do Castelo e o Instituto Empresarial do Minho.  Ademais dos socios do proxecto, participaron na reunión representantes de entidades galegas e portuguesas, tanto do ámbito empresarial como da xestión e fomento da innovación: LOXISGA, ACLUNAGA, AIMEN, IET, a OTRI da Universidade de Vigo, APLOG, Estaleiros Navais de Viana do Castelo, IAPMEI e a Associaçao de Turismo de Porto e N. de Portugal.
 

Data:16/09/09                                           Orixe: Fonte propia

Practicas Laborais
Banco de Empresas