Impulso de proxectos piloto transfronteirizos
PROCESO DA CREACIÓN DE PROXECTOS DE INNOVACIÓN
Para conseguir dun xeito efectivo o impulso de proxectos pilotos que xeren un efecto demostrativo, desde proxecto se acometerán as seguintes actividades:
- Colaboración no deseño de proxectos de innovación
- Innovación en produtos
- Innovación en procesos
- Innovación en tecnoloxía
- Apoio na conformación de partenariados formados por empresas galegas e portuguesas. Estes partenariados deberán estar conformados por todos os axentes que poidan asegurar o éxito do proxecto (empresas, centros tecnolóxicos, socios tecnolóxicos, grupos de investigación das universidades da eurorexión, etc)
- Análise de mecanismos de financiamento existentes a nivel da Eurorexión, Estatal ou Europeo.
- Apoio na preparación da candidatura formal e no seguimiento da mesma.
- Concreción da idea e adaptación ás orientacións da convocatoria seleccionada
- Asistencia nas reunións de coordinación dos socios do proxecto
- Preparación dos formularios
- Apoio na presentación da candidatura
- Seguimiento da propia candidatura
- Apoio nas actividades de difusión dos resultados do proxecto.
- Documentación do proxecto de cara o seu divulgación e transferencia de resultados a ambos os dous lados da fronteira. E importante subliñar que os proxectos piloto que se impulsen desde ECA-IT terán que contar cunha forte especialización sectorial e un marcado carácter innovador para poder ser consideramos como unha boa práctica a asumir por outras empresas.









