O Porto de Vigo planea unha ambiciosa proxección internacional
A Autoridade Portuaria contempla máis dunha ducia de misións comerciais, visitas empresariais, e o Congreso Internacional de Navieras, entre outras accións.
A Autoridade Portuaria de Vigo celebrou a primeira reunión do Comité de Xestión Promocional do Porto. Un organismo cuxo obxectivo é o de facer partícipe á Comunidade Portuaria das iniciativas que se están levando a cabo en materia de de promoción e xestión.
Durante o encontro, a Autoridade Portuaria de Vigo presentou a planificación comercial para 2010. Un novo modelo de xestión baseado nunha maior implicación, participación e coordinación da Comunidade e da Autoridade Portuaria.
O Plan de Acción Comercial comprende a organización de máis dunha ducia de Misións Comerciais, tanto directas como indirectas, a diversos países nacionais e internacionais.
A primeira destas misións terá lugar a finais do mes de febreiro. Unha decena de empresas do sector naval, eólico, do granito e da pesca visitarán o Estado brasileiro de Pernambuco, onde se presentará ao Porto vigués como unha gran porta de entrada a Europa na fachada atlántica.
Para iso organizouse unha intensa axenda de reunións e visitas a empresas onde o Porto de Vigo aproveitará, ademais, para promocionar a Feiral Internacional de Navalia, así como para proxectar internacionalmente a nosa comunidade grazas ao impulso que suporá a celebración do Ano Xacobeo.
Pero non só no naval céntrase esta misión. Tamén se producirán relevantes encontros no sector das novas enerxías, particularmente no da produción eólica.
Por todo iso, a Autoridade Portuaria de Vigo está a xestionar coa Xunta de Galicia, a través do IGAPE, e coa propia Consellería de Industria e Economía, a posibilidade de que esta e outras iniciativas gocen de axudas oficiais dirixidas a aquelas empresas que queiran achegarse ao mercado brasileiro. Para iso está prevista a firma dun convenio marco co Goberno autonómico que inclúe ao cinco portos de interese xeral de Galicia.
Así mesmo, outras das accións que levarán a cabo este ano serán, por exemplo, a organización do primeiro Congreso Internacional de Navieras do Porto de Vigo, que terá lugar no mes de maio, coincidindo coa celebración de Navalia.
O obxectivo do evento é concentrar en Vigo ás grandes navieras, que poderán comprobar de primeira man as opcións que o cluster do naval e o propio Porto de Vigo pódenlles brindar.
Outra das vías de actuación comercial será a participación activa nalgunhas asociacións relevantes no sector marítimo portuario, como "Madrid Plataforma Loxística", a Asociación "Cruise Europa" ou o proxecto de mercadotecnia "Alianza Atlántica".
Finalmente, a Autoridade Portuaria de Vigo porá en marcha a Fundación Porto de Vigo. Unha entidade cuxas liñas estratéxicas presentan unha clara vocación de traballar xunto á Comunidade Portuaria, e que servirá de apoio á actividade comercial do Porto.
Por unha banda liderando, cooperando ou executando iniciativas de formación especializada no sector marítimo e, por outro, realizando traballos de investigación e análise como estudos de mercado, seguimento das políticas europeas ou cooperando activamente na solicitude de axudas e subvencións.
Data: 09/02/10 Fonte: Autoridade Portuaria de Vigo.









