Inicio ECA-IT
direccion2.jpg

Obxectivos

objetivos.jpg

O principal obxectivo de ECA-IT é mellorar os procesos de innovación empresarial na área transfronteriza de Galicia - Norte de Portugal. Para iso, o proxecto desenvólvese a través de obxectivos intermedios ou etapas que se deberán ir completando sucesivamente.

Esas etapas intermedias son as que se expoñen a continuación:

  • Identificación de sectores con problemáticas semellantes para desenvolver procesos de innovación empresarial que teñan presenza representativa nos dous lados da fronteira.
  • Detectar os sectores que sexan susceptibles de mellorar a sua eficiencia introducindo un modelo de innovación.

  • Crear estruturas de cooperación conxuntas.

  • Sensibilización e captación de empresas para a posta en valor dos procesos de innovación empresarial.

  • Identificar perfís profesionais que, dentro das empresas, teñan potencialmente capacidade para impulsar proxectos de innovación.

  • Formar a 60 persoas, identificadas como posibles "innova-xestores", a partir de programas de formación presencial e "blended-learning".

  • Participación de 60 persoas no programa de prácticas laborais en empresas transfronteirizas.

  • Crear un perfil conxunto do Axente de Innovación.

  • Identificar e seleccionar "coachers" en materia de innovación en Galicia e Norte de Portugal.

  • Homoxeneizar os procedementos de actuación dos "coachers" en Galicia e Portugal.

  • Crear ferramentas de soporte e xestión de proxectos de innovación.

  • Crear tres servizos de vixilancia competitiva nos sectores naval, turístico e loxístico.

  • Posta en marcha dun Banco de Coñecementos sobre proxectos transfronteirizos innovadores.

  • Desenvolver metodoloxías para a identificación de proxectos de innovación conxuntos.

  • Apoiar proxectos piloto que poidan xerar un efecto "arrastre" sobre outras empresas.

  • Estudar a viabilidade para a posta en marcha dunha estrutura de cooperación permanente en materia de innovación.

  • Facilitar a posible transferencia das boas prácticas detectadas na execución do proxecto ECA-IT cara outros ámbitos xeográficos ou sectoriais.

  • Ebarorar un directorio de empresas innovadoras da Eurorexión Galicia - Norte de Portugal.

  • Divulgar o programa e resultados que se acaden ó finalizar a execución do proxecto.

Practicas Laborais
Banco de Empresas