Inicio ECA-IT
direccion2.jpg

Oficina da inovação S.A. (BIC Minho)

Logo do BIC Minho

A Oficina da Inovação S.A. (BIC Minho) ten como misión a promoción de Emprendedores e da Innovación empresarial a través do apoio á creación e modernización de empresas, contribuíndo así ó desenrolo e competitividade da Região do Minho.

É unha entidade sen fins lucrativos constituída por promotores públicos e privados. Estes promotores son institucións e empresas que teñen por obxectivo o desenrolo da Região de Minho a través da creación de empresas e da consolidación de PEME's existentes.

A experiencia adquirida pola Oficina da Inovaçao permítelle posicionarse coma un centro de coñecemento e competencias ao nivel da xestión empresarial, afirmándose tamén coma un elemento catalizador entre empresas/emprendedores e entidades operacionais especializadas, que traballen en áreas de actuación fundamentais.

A actividade da Oficina da Inovação desenvólvese principalmente a dous niveis. Por un lado, fomentando a formación de empresas con carácter innovador, apoiando emprendedores no proceso de creación e, por outro lado, a través do apoio a proxectos de modernización empresarial, destinados, sobretodo, a Pequenas e Medianas Empresas.