Inicio ECA-IT
naval.jpg

Rede Sectores

Coa finalidade de promover a colaboración e cooperación entre axentes implicados na innovación empresarial, ECA-IT deseñou un conxunto de tarefas consistentes na articulación dunha rede que aúne diversos sectores empresariais con pautas similares a ambos os dous lados da fronteira galleo-portuguesa, para aproveitar as sinergias a favor de aumentar os ratios de innovación empresarial.

Así pois, as tarefas a desenvolver serían:

  • Análise dos sectores estratéxicos innovadores e identificación de empresas, susceptibles de participar e colaborar no conxunto do proxecto
  • Creación das estruturas de cooperación sectoriais conxuntas
  • Captación de Empresas mediante 10 seminarios sectoriais ou territoriais de formación-acción, e explicación dos conceptos relacionados coa innovación, destacando a importancia da mesma no colectivo empresarial ao que van dirixidos.



Ademais, preténdese fomentar a utilización de ferramentas de autodiagnóstico para obter un primeiro diagnóstico interno das empresas, e motivación dunha auto-reflexión por parte da empresa Identificación, xeración e maduración dos proxectos de innovación internos á empresa.

O proxecto ECA-IT actúa en tres sectores económicos, o sector loxístico, o naval e o turismo. Pode consultar máis información sobre cada un dos sectores no seguintes links:

Practicas Laborais
Banco de Empresas