Vigilancia competitiva
Vixía é un Sistema de Vixilancia Tecnolóxica (VT) e Intelixencia Competitiva (IC) cuxo aspecto máis innovador é a asociación dunha metodología e unha plataforma tecnolóxica desenvolvida exprofeso seguindo os requisitos operativos definidos pola Unidade de Vixilancia e Trasnferencia Tecnolóxica do CIS Galicia. «Vixía» permite ás empresas dispoñer de información permanentemente actualizada sobre os cambios que se producen no seu contorno e que lles afectan na súa actividade diaria.
O Sistema Vixía facilita ademais os procesos de xestión da información que xera a propia empresa, e dinamiza a comunicación interna de forma multidireccional: entre os departamentos (horizontal) e entre os distintos niveis da xerarquía organizativa da empresa (vertical).
Desta forma, as empresas teñen á súa disposición unha ferramenta multifuncional, e personalizada a nivel de usuario, accesible a través de calquera punto de conexión web, que lle permite:
- Facer Vixilancia Tecnolóxica e do Contorno, realizando de xeito sistemático captúraa, a análise, a difusión e explotación das informacións científicas ou técnicas útiles para a organización, alertando sobre as innovacións susceptibles de crear oportunidades ou ameazas.
- Integrar na plataforma a xestión da información propia que se xera e circula polos departamentos da organización, favorecendo desta forma a Xestión do Coñecemento.
- Utilizar a plataforma como sistema de comunicación interno, grazas ás ferramentas que facilitan a interactividad entre os empregados da organización









