Inicio ECA-IT
turismo.jpg

XORNADA PRESENTACION PROXECTO ECA-IT

O Director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, inaugurou o pasado 3 de Decembro en Santiago de Compostela unha xornada centrada na innovación como factor crave para o desenvolvemento da economía e das empresas na situación actual.

O Director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Xunta de Galicia, Ricardo Capilla, inaugurou o pasado 3 de Decembro en Santiago de Compostela unha xornada centrada na innovación como factor crave para o desenvolvemento da economía e das empresas na situación actual.

A xornada organizada pola Fundación para o fomento da calidade e ou desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, está enmarcada na presentación pública do proxecto de cooperación transfronteiriza ECA-IT. ECA-IT, Estruturas Conxuntas de Apoio á Innovación Transfronteiriza, está financiado pola Unión Europea, Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER.
 
O principal obxectivo de ECA-IT é de pór en valor as redes de cooperación e a promoción dos recursos humanos especializados nos modelos de innovación empresarial, centrando os seus esforzos en gran parte na creación da figura do “innova xestor”, proporcionando como valor engadido do proxecto a mellora da cualificación dos recursos humanos na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A xornada que tivo unha duración dunha mañá e desenvolveuse no Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela, contou coa intervención de diferentes relatores e expertos en materia de innovación. 


Enrique da Rica, Director da Escola Europea de Estudos Universitarios e de Negocios, ESEUNE, expuxo no seu relatorio a importancia da innovación na economía da eurorrexión. O resto da mañá centraouse nunha mesa-debate que analizou a problemática da innovación nos sectores prioritarios do proxecto ECA-IT, naval, turismo e loxístico. Nesta mesa interviron expertos en materia de innovación de Galicia e Portugal, Ventura de Sousa en representación do naval de Portugal, Arturo  Gonzalez de TURGALICIA e José Carlos García Cumprido, vicepresidente da plataforma loxística, LOXISGA.
 

Acceder aos relatorios

» Programa da xornada JPE: 911.14 KB
» Tríptico PDF: 710.86 KB