2º Seminario de turismo
No marco do proxecto ECA-IT, Turgalicia organiza o 2 seminario de innovación no turismo, que terá lo 10 de decembro en Viana do Castelo. O seminario dará a coñecer o proxecto ECA-IT e as súas actividades, e difundirá as distintas posibilidades e axudas para a innovación no sector turístico.
O evento, dirixido a responsables e directores/as de empresas do sector turístico interesados/as en aplicar procesos innovadores nas súas empresas, contará coa presenza de entidades que traballan directamente xestionando axudas e financiando a innovación empresarial.
O seminario pretende amosar unha panorámica sobre a actualidade da innovación no sector, mediante a difusión tanto das principais liñas de axuda e apoio (nesta dimensión cóntase coa presenza da Dirección Xeral de I+D+i), como de exemplos prácticos de empresas turísticas innovadoras (caso de Meigalicia, que tamén estará presente).
Xuntamente ao anterior, o seminario tamén ha contribuir á proxección pública do proxecto ECA-IT, no marco do cal se han desenvolver próximamente novos seminarios de similares características, dirixidos aos sectores naval e loxístico.
Para consultar o programa dos seminarios e preinscribirse, prema no seguinte link:
Información e inscripción: http://www.turgalicia.es/formacion/turnoticias.asp?cidi=G&ctre=formacion
Descargar tríptico:
» Triptico_Seminario_ECA-IT.pdf PDF: 2.26 MB










