ECA-IT formará a 25 coaches e directivos da innovaçao en habilidades para mellor a xestión do seu traballo

O proxecto ECA-IT, Estruturas Conxuntas de Apoio a Innovación Transfronteiriza está a organizar un seminario dirixido a coaches e directivos ou técnicos en innovación coa finalidade de fomar aos mesmos en habilidades que redunden no mellor desenvolvemento do seu traballo.
Baixo o título "Fortalece a innovación", o seminario sobre coaching que celebrarase o próximo mércores 17 de novembro en Vigo, consistirá nunha xornada compreta onde diferentes profesionais de Galicia e Portugal especializados en coaching e profesionais de empresas formarán en habilidades a diferentes profesionais do mundo do coaching ou persoal especializado en innovación das empresas.
O programa ten como finalidade que as persoas poidan mellorar as súas competencias como xestores da innovación nas empresas. Neste sentido tratarase de reforzar técnicas e habilidades que permitan mellorar as capacidades e superar os obstáculos á posta en marcha de proxectos de I+D+i. Freos como a falta de creatividade, a resistencia ao cambio, a aversión ó risco, o recelo a colaborar ou o medo ao fracaso.
O seminario de coaching foi plantexado en formato outdoor e eminentemente práctico, de xeito que as persoas participantes poidan además de ampliar e reforzar os seus coñecementos por estes mesmos en práctica.
- Día: mércores 17 de novembro de 2010
- Lugar: Vigo. Pazo dos Escudos. Avenida da Atlántida, 106.
- Para inscribirse nesta actividade debe cumprimentar o seguinte formulario en liña.
PROGRAMA
- 10.00 Benvida e presentación. Introdución das persoas asistentes
- 10.15 Eca-it, un proxecto de apoio á innovación transfronteiriza. Presentación do directorio de coaches.
Margarita Ardao. Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolemento
- 10.30 Ciclo de vida dun proxecto de I+D+i. Problemáticas para o xestor de innovación
- Que é innovar?
- Fases no ciclo de vida dun proxecto de innovación
Antonio de la Cruz e Luis Touriño. EOSA Consultores
- 11.30 Pausa café
- 11:45 Exercicio práctico: Como apoiar o día a día dun xestor de innovación?
- Exposición do día a día dun xestor de innovación: problemáticas.
Carlos Mule. Gandara Censa, S.A. - Brainstorming para a proposta de liñas de actuación por parte dos coaches
- Realización do exercicio “o mundo das preguntas” cun grupo de coaches
Daniel Alvarez Lamas & Anna Viñolas. Qcoach
& Alexandra Lemos. Mindcoach - Exposición do día a día dun xestor de innovación: problemáticas.
- 13.00 O papel clave do coach no éxito do proceso de innovación. Desenvolvemento de habilidades técnicas.
Francisco Vallverdú. EOSA Consultores - 14.00 Pausa xantar
- 16.00 Outdoor "Coaches de innovación"
- Comunicación: "o tesouro que somos" e "o sabio"
- Traballo en equipo: "crear un equipo" e "cubos, cintas e bolas"
- Xestión do stress e da incertidumbre: "o guía" e "torneo de pelota"
- Creatividade: "non rompas o ovo".
Joaquín Dosil Díaz, Daniel Alvarez Lamas, Alexandra Lemos & Anna Viñolas de Mind Coach
- 19.00 Fin do seminario
É imprescindible a inscrición previa - ata o venres 12 de novembro (prazas limitadas).









