Turgalicia
A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia) é unha sociedade pública dependente da Consellería de Cultura e Turismo. Constituida para se-lo instrumento primordial da política do turismo en Galicia, encárgase de realizar unha adecuada promoción dos recursos turísticos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Constitúe o obxecto da sociedade a realización das seguintes actividades:
a) A promoción da oferta turística de Galicia nos mercados nacionais e internacionais.
b) A coordinación, o impulso, a xestión e a execución das actividades de promoción turística interior e exterior.
c) O fomento e impulso das actividades de sector turístico para a promoción do turismo galego.
d) Os labores de información turística tanto a nivel nacional como internacional.
e) O establecemento de convenios e concertos con institucións públicas e privadas para a creación, coordinación e o desenvolvemento de accións encamiñadas á información e promoción turística interior e exterior.
f) Desenvolvemento e xestión de plans de calidade para aplicar en destinos e/ou establecementos turísticos.
g) Editar folletos, libros e producir vídeos promocionais ou material audiovisual.
h) Tódalas operacións que sexan preparatorias, auxiliares ou complementarias das mencionadas.
Así mesmo, Turgalicia creou en mantén activa unha central de reservas que atenda debidamente a demanda turística en Galicia, fundamentalmente no sector do turismo rural.
Tamén constitúe o obxecto da sociedade, en colaboración con outros organismos oficiais, a xerencia do Centro Superior de Hostelería de Santiago de Compostela tamén creado por Turgalicia, que leva a cabo as seguintes actividades:
1) Reciclaxe de profesionais do sector turístico.
2) Formación teórica e práctica de alumnos no campo da hostalería, restauración, turismo e actividades complementarias.
3) Organización e xestión de seminarios, conferencias, banquetes, catering e actividades similares.
4) Xestión e explotación de establecementos de hostalería, restauración e bebidas abertos ó público.
5) Actividades de asesoramento e consultaría ó sector turístico










